RESERVON

AVISO LEGAL

TITULARIDADE DO SITIO WEB E DATOS IDENTIFICADORES

RESERVON é propiedade da Federación Española de Hostalaría, con CIF G28601300, e domicilio en Pozuelo de Alarcón, rúa Camino de las huertas, nº 18 - 1ª planta , en adiante reservON.

TERMOS E CONDICIÓNS

O acceso e a navegación na plataforma reservON, xa sexa na web ou na app, supón aceptar e coñecer as advertencias legais, as condicións e os termos de uso contidos na mesma.

LEI E XURISDICIÓN APLICABLE

Calquera controversia que se puidera derivar do acceso ou da utilización de reservON, sometese á exclusiva xurisdición dos tribunais da cidade de Madrid e dos seus superiores xerárquicos.

Con carácter xeral, as relacións entre reservON e os seus clientes, derivadas da contratación dos produtos e servizos contidos na plataforma reservON, atópanse sometidas á lexislación e xurisdición españolas.

O feito de acceder a esta plataforma implica o coñecemento e a aceptación dos seguintes termos e condicións.

Termos e condicións

Os contidos, actividades comerciais, produtos e servizos incluídos nesta plataforma non están concibidos nin dirixidos a aquelas persoas que residan en xurisdicións nas que os seus contidos non estean autorizados.

O acceso á plataforma é responsabilidade exclusiva dos usuarios.

O acceso á plataforma non supón establecer ningún tipo de relación de carácter comercial entre a Federación Española de Hostalaría e o usuario.

Actualidade e modificación da información

A información que aparece nesta plataforma é a vixente na data da súa última actualización. reservON reservase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información, podendo limitar ou non permitir o acceso á plataforma.

Contidos

reservON realiza os máximos esforzos para evitar calquera erro nos contidos que puidesen aparecer nesta plataforma, mais non garante nin se responsabiliza das consecuencias que se puidesen derivar dos erros nos contidos que puidesen aparecer proporcionados por terceiros.

reservON non se responsabiliza en modo algún daqueles contidos, actividades comerciais, produtos e servizos incluídos que se puidesen visualizar mediante ligazóns electrónicas (links), directa o indirectamente, a través desta plataforma. A presenza de links en reservON ten unha finalidade simplemente informativa e en ningún caso supón suxestión, invitación ou recomendación sobre os mesmos. Estas ligazóns non representan ningún tipo de relación entre reservON e os particulares ou empresas titulares dos sitios web aos que se pode acceder mediante estas ligazóns.

reservON exclúe toda responsabilidade que se puidese derivar da transmisión de información entre usuarios. A responsabilidade das manifestacións difundidas nesta plataforma é exclusiva de quen as realiza. Queda prohibida calquera tipo de transmisión de datos que os usuarios poidan realizar a esta ou mediante esta plataforma que infrinxan os dereitos de propiedade de terceiros, e cuxo contido sexa ameazante, difamatorio, obsceno, pornográfico ou transmisión de calquera outro material que constitúa ou incite unha conduta que poida ser considerada unha ofensa penal.

reservON reservase o dereito a impedir ou prohibir o acceso a calquera usuario de Internet que introduza nesta plataforma calquera contido inmoral ou contrario ás normas legais, reservándose o dereito de exercer as medidas legais que estime oportunas para evitar este tipo de condutas.

Navegación, acceso e seguridade

O acceso e a navegación nesta plataforma supón aceptar e coñecer as advertencias legais, as condicións e os termos de uso contidos na mesma. reservON realiza os máximos esforzos para que a navegación se realice nas mellores condicións e para evitar os prexuízos de calquera tipo que se puidesen ocasionar durante a mesma.

A plataforma reservON foi deseñada para ser usada por navegadores web e de aplicacións móbiles; porén, non se fai responsable dos prexuízos, de calquera índole, que se puidesen ocasionar aos usuarios por dita navegación.

O acceso aos servizos transaccionais e a aqueles que inclúen a captura de datos persoais realizase nun entorno seguro utilizando o protocolo SSL (Secure Socker Layer) con cifrado de alta seguridade de 128 bits. O servidor seguro establece unha conexión de xeito que a información se transmite cifrada. Isto asegura que o contido transmitido é só intelixible para o ordenador cliente e o servidor de ...................... O usuario pode comprobar que se atopa dentro dun entorno seguro se na barra de estado do seu navegador aparece un cadeado pechado. A garantía de seguridade dos nosos servidores está apoiada por un certificado expedido pola empresa Verisign. Este certificado garante que o cliente está a comunicar os seus datos a un servidor reservON e non a un terceiro que se intentase facer pasar por este.

reservON non se responsabiliza nin garante que o acceso á plataforma sexa ininterrompido ou que estea libre de erro. Tampouco se responsabiliza nin garante que o contido ou software ao que se poida acceder, estea libre de erro ou cause un dano. En ningún caso reservON será responsable polas perdas, danos ou prexuízos de calquera tipo que se deriven do acceso e o uso da páxina web ou da app, incluíndose, mais sen limitación, os ocasionados aos sistemas informáticos ou os provocados pola introdución de virus. reservON non se fai responsable dos danos que se puidesen ocasionar aos usuarios por un uso inadecuado desta plataforma. En particular, non se fai responsable en modo algún das caídas, interrupcións, falla ou defecto das telecomunicacións que puidesen ocorrer en operacións de natureza financeira.

Propiedade intelectual e industrial

A plataforma reservON e os contidos que alberga están protexidos polas leis de Propiedade Intelectual e non poderán ser obxecto de explotación, reprodución, distribución, modificación, comunicación pública, cesión ou transformación. O acceso a este sitio web non outorga aos usuarios dereito nin titularidade algún sobre os dereitos de propiedade intelectual dos contidos que alberga este sitio web.

O contido desta plataforma pode ser descargado ao terminal do usuario (download), sempre que sexa para o seu uso privado e sen ningún fin comercial; polo tanto non poderá explotar, reproducir, distribuír, modificar, comunicar publicamente, ceder, transformar ou usar o contido desta plataforma con fins públicos ou comerciais.

reservON non transfire aos usuarios a propiedade do seu software. O usuario é o propietario do soporte no que se grava o software. reservON conserva todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual, incluído o software. Se o usuario transfire software desta plataforma ao seu terminal, non poderá proceder á súa disección para o seu estudo, ou «decompilalo», traducir a versión do código obxecto orixinal ou a súa linguaxe a outro código ou linguaxe.

O nome comercial, as marcas, o logotipo, os produtos e os servizos que contén esta plataforma están protexidos pola lei.

reservON reservase a posibilidade de exercer as accións xudiciais que correspondan contra os usuarios que violen ou infrinxan os dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Protección de datos

A visita a esta plataforma non supón que o usuario estea obrigado a facilitar ningunha información sobre si mesmo. No momento de proceder á recollida dos datos indicarase o carácter voluntario ou obrigatorio dos datos obxecto da recollida. A negativa a proporcionar os datos cualificados como obrigatorios suporá a non prestación ou a imposibilidade de acceder ao servizo para os que eran solicitados. Así mesmo, poderanse facilitar datos de modo voluntario co obxectivo de que se poidan prestar de modo máis óptimo os servizos ofertados.

No caso de que os usuarios desta plataforma debesen facilitar o seu enderezo de correo electrónico ou outros datos persoais para acceder a algún dos servizos de reservON, eses datos serán utilizados unicamente para o bo fin do solicitado polo usuario, sen se ceder a terceiros, e eliminándose cando finalice o uso temporal do servizo requirido.

No suposto de que o usuario se adhira voluntariamente a reservON, os datos persoais serán conservados de forma segura e o usuario poderá exercer o dereito a cancelar, rectificar ou modificar eses datos.

O acceso a esta plataforma pode implicar a utilización de cookies. As cookies son pequenas cantidades de información que se almacenan no navegador utilizado por cada usuario para que o servidor recorde certa información que despois unicamente o servidor que a instalou lerá. As cookies teñen, xeralmente, unha duración limitada no tempo. Ningunha cookie permite que se poida contactar co número de teléfono do usuario, o seu enderezo de correo electrónico ou con calquera outro medio de contacto. Ningunha cookie pode extraer información do disco duro do usuario ou roubar información persoal. Aqueles usuarios que non desexen recibir cookies ou que queiran ser informados da súa instalación poden configurar o seu navegador a tal efecto.

Vostede pode rexeitar o tratamento dos datos ou da información rexeitando o uso de cookies, mediante a selección da configuración apropiada do seu navegador; porén, debe vostede saber que, se o fai, pode ser que non poida usar todas as funcións deste sitio web.

Todas aquelas persoas cuxos datos persoais sexan obxecto de tratamento poderán exercer gratuitamente os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación dos seus datos nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal. Estes dereitos poderán ser exercidos a través dunha das seguintes vías:

Por escrito, enviando a súa solicitude, xunto coa documentación acreditativa da súa identidade, ao seguinte enderezo:

Federación Española de Hostelería

Camino de las huertas, nº 18 - 1ª planta. 28223 Pozuelo de Alarcón - Madrid

A través do fax, enviando a súa solicitude, xunto coa documentación acreditativa da súa identidade, ao número +34 91 352 91 56, dirixido a «Atención de Datos Personales».

En cumprimento da Lei 56/2007, de medidas de impulso da sociedade da información, pode tamén realizar a solicitude a través do correo electrónico escribindo ao enderezo de correo electrónico fehr@fehr.es, asinando dixitalmente a súa solicitude mediante o Documento Nacional de Identidade (DNI) electrónico español, e sen que se precise neste caso máis acreditación por parte da persoa solicitante.

Condicións adicionais

Proceso de reserva: se o usuario fai uso do servizo de reserva en liña, reservON cederá os datos persoais ao establecemento reservado polo usuario, para a correcta formalización do servizo.

Transcorrida a data da reserva, reservON anulará e destruirá os datos persoais, agás no caso de que o usuario se adherira á plataforma de forma voluntaria.

O establecemento estará obrigado ao correcto uso e disposición dos datos persoais cedidos por reservON, consonte o esixido pola normativa de Protección de datos de carácter persoal, sendo o único responsable e eximindo á plataforma de toda responsabilidade.